ÁREAS ETNOARQUEOLÓXICAS É UN PROXECTO FINANCIADO A TRAVÉS DO PLAN FEELS 2010 DO GOBERNO DE ESPAÑA E PROMOVIDO POLA TENENCIA DE ALCALDÍA DO CONCELLO E CONCELLERÍA DE PATRIMONIO HISTÓRICO DO CONCELLO DE VIGO.

O seu obxectivo e a posta en valor dos elementos que forman parte do patrimonio cultural das parroquias viguesas de Candeán, Zamáns e Saiáns, no que un equipo multidisciplinar de historiadores, arqueólogos, antropólogos, xeógrafos, deseñadores web, realizadores de vídeo, e deseñadores, desenvolveron durante un periodo de 6 meses un traballo de recollida de toda a información patrimonial destas parroquias para a súa valoración e estado para logo utilizalo como recurso cultural en forma de rutas e sendas nun plano teórico e práctico.

Máis


candeán

A parroquia de Candeán linda polo leste coa parroquia de Teis, coa de Lavadores polo suroeste, coa de Cabral polo sur, e cos concellos de Redondela e Mos polo norte e leste. As súas cotas máis altas acádaas nos montes da Madroa, ao redor dos 300, e do Vixiador, a 420m sobre o nivel do mar, e cun forte dominio visual sobre a ría de Vigo e do val do Fragoso.

Segundo os datos dos censos máis recentes conta 4602 veciños e veciñas.

visitar

saiáns

Saiáns é unha pequena parroquia costeira, de 1,82 quilómetros cadrados no extremo sur-occidental do concello, que linda con Nigrán polo sur e coa parroquia de Oia polo norte. Conta, segundo o último censo, con 3.814 habitantes. Aínda que con cotas non tan altas coma as outras dúas parroquias, o dominio visual sobre o sur da ría dende o monte do Castro de Estea, duns 170 metros de altura, e dende o monte de Cabezo de Saiáns, 395 metros é completo.                                                                        

visitar

zamáns

A parroquia de Zamáns, situada no sur do concello, aos pés dos montes do Galiñeiro, recibe o seu nome do río que a cruza. Coas cotas máis altas de todo o val do Fragoso, con 705 metros de altura, linda polo norte coas parroquias de Valadares, Beade e Bembrive, e cos concellos de Mós, o Porriño e Gondomar polo leste e sur. Segundo os datos dos censos recentes é a parroquia con menos habitantes de Vigo, con 761 veciños e veciñas.

visitar